Evento: Dos más dos

  • Dos+Dos
Dos más dos
venres, 26 xaneiro, 2018 - 20:30
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Dos más dos

Adaptación teatral da película arxentina

Adrián e Julieta son unha parella felizmente casada desde hai anos e teñen un fillo preadolescente. Os seus amigos de toda a vida Tomás e Silvia preferiron non casar nin ter fillos e gozan da súa vida en parella os dous sós. 

Unha noite de celebración, Tomás e Silvia cóntanlles aos seus amigos que practican o intercambio de parellas e propóñenlles facelo con eles. Esta proposición desestabiliza ao matrimonio, xa que lles obriga a facer fronte á falta de paixón na que viven mergullados desde hai anos. Ao ver a química que teñen os seus amigos, Julieta decide loitar por recuperar a súa con Adrián. 

O que ningún imaxina son as consecuencias que pode ter esta aventura.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola