Evento: Fin de ano do 30 aniversario de Teatro de Noroeste

  • Teatro do Noroeste
Fin de ano do 30 aniversario de Teatro de Noroeste
venres, 29 decembro, 2017 a sábado, 30 decembro, 2017
Teatro Colón,
A Coruña

Fin de ano do 30 aniversario de Teatro de Noroeste

Actividades no teatro Colón para finalizar a celebración dos 30 anos da compañía

A compañía Teatro do Noroeste pon o colofón final ao ano do seu 30 aniversario con dúas xornadas de actos e actividades. Serán o día 29 e 30 de decembro, no teatro Colón.

 

Programa de actos

 

29 de decembro

12.00 horas: Inauguración da exposición Teatro do Noroeste, 2017: 30 anos actuando. Entradas de balde.

20.30 horas: Representación teatral da obra Estado de graza, de Eduardo Alonso, con Luma Gómez, Imma António, Manuela Varela e Nini True. Entradas na billeteira de balde.

 

30 de decembro  

11.00: Mesa redonda: As artes escénicas na encrucillada: Pasado, presente e futuro do teatro galego. Moderada por Eva Alonso, de Teatro do Noroeste, e coa participación de Viqui Pérez (actriz); Inma López Silva (escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia); Belén Pichel (produtora e presidenta da asociación de compañías Escena Galega); Imma António (actriz, escritora e presidenta da Academia Galega de Teatro) e Luma Gómez (actriz e socia fundadora de Teatro do Noroeste). Entradas de balde.

21.00: Estrea da longametraxe documental: 30 anos actuando: que nos quiten o bailado!, con dirección de Eva Alonso e producido por Chiripa. Convite con reserva previa no teléfono: 698124763 ou reservas@teatrodonoroeste.com, ata o día anterior.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación libro
31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense