Evento: Nadal no Gaiás

Nadal no Gaiás
xoves, 21 decembro, 2017 a domingo, 7 xaneiro, 2018
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Nadal no Gaiás

Campamentos infantís, espectáculos e exposición ao redor do circo

O Nadal e o circo teñen moito en común: a maxia, a fantasía, a ilusión e a apertura dun espazo-tempo no que o imposible faise posible. Por iso, do 21 de decembro ao 7 de xaneiro a programación do Gaiás para estas datas tan familiares terá o circo como protagonista, tanto nos seus campamentos-obradoiros como nos espectáculos: Ludus Circus Show e a Gran Gala do Circo, que suporá un festivo e divertido colofón, que terá carácter solidario coa colaboración da Asociación Iniciativa Social Berce.

  • Fantasía de Nadal de 'La Fiesta Escénica' será a encargada, a partir do 21 de decembro, de recrear na Cidade da Cultura o ambiente de maxia e ilusión dos circos de inverno, a través de espectaculares escenografías e de pezas abraiantes dos espectáculos cos que teñen percorrido medio mundo.
  • Ademais, durante o Nadal, o Gaiás converterase nunha efémera escola de circo, grazas ao Campamento do Circo, no que  futuros e prometedores funambulistas, trapecistas, acróbatas e clowns darán as súas primeiras clases.
  • O que non mudará con respecto a outras edicións é o Concurso de postais de Nadal, no que sempre contamos con orixinais e creativos debuxos nos que os máis pequenos e pequenas da casa nos debuxan como imaxinan o seu propio Nadal no Gaiás e nunca defraudan. 

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Lavandeiras
22 de xuño
Centro Sociocultural de San Cosme