Evento: Pergamiño Vindel e a música no tempo de Martín Códax

  • Pergamiño Vindel
sábado, 18 novembro, 2017 - 15:00
Casa da Navegación de Baiona
, Baiona

Pergamiño Vindel e a música no tempo de Martín Códax

Charla concerto sobre o Pergamiño Vindel e o seu tempo a cargo de Pres de Cambral

Que é o Pergamiño Vindel? U-la súa relevancia musical? Como soaban as cantigas de amigo? Con que instrumentos se tocaban? Estas e outras preguntas atoparán resposta nas charlas-concerto O Pergamiño Vindel e a música no tempo de Martín Códax, nas que a conversa alternará coa música ao vivo.

O grupo Pres de Cambrai, nun formato de charla-concerto, emprenderá nos obradoiros unha viaxe ao pasado a través da música dos trobadores, na que se interpretarán diferentes mostras da música dos séculos XII e XIII. Para iso empregarase unha nutrida colección de réplicas de instrumentos medievais, realizadas por diferentes obradoiros de artesáns, a partir de fontes como as miniaturas das Cantigas de Santa María, do Cancioneiro da Ajuda ou da iconografía en pedra do Pórtico da Gloria.

Deste xeito, o público asistente poderá mergullarse na estética musical da Idade Media, de maneira rigorosa, para contextualizar as cantigas de Martín Códax e, ao tempo, para familiarizarse cos instrumentos específicos da época

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros de verán
29 de maio a 31 de xullo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Museo Provincial de Lugo
Verán no Museo Provincial de Lugo
25 de xuño a 27 de xullo
Museo Provincial de Lugo
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Verán no Museo Fortaleza San Paio de Narla
27 de xuño a 24 de agosto
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Provincial do Mar
Verán no Museo Provincial do Mar
30 de xuño a 23 de agosto
Museo Provincial do Mar