Evento: Obradoiro Cans e Letras

  • Taller Perros y Letras_Biblioteca Pública da Coruña MG Garcés
sábado, 4 maio, 2019 a sábado, 18 maio, 2019
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
, A Coruña

Obradoiro Cans e Letras

Programa de lectura con cans

No mes no que celebramos o Día das Letras Galegas, volve o Obradoiro CANS E LETRAS, o programa de lectura con cans de maior éxito no mundo

Que é R.E.A.D., Cans e Letras? O obxectivo inicial de R.E.A.D. é a mellora das habilidades de lectura nos nenos, aínda que a súa potencia como ferramenta terapéutica vai moito máis alá. A experiencia demostrou a eficacia de R.E.A.D. noutros ámbitos, fundamentais para o correcto e satisfactorio desenvolvemento do neno: autoestima, seguridade en si mesmo, relaxación, atención, motivación, relación cos demais.

Trátase en definitiva dun programa de lectura para nenos con cans adestrados, que emprega un método diferente pero moi eficaz: ler a un can.

R.E.A.D. naceu en EE.UU. no ano 1999, na Biblioteca Pública de Salt Lake City (Utah). Os seus creadores “Intermountain Therapy Animals” foron os pioneiros na implementación dun programa destas características, que estenderon por todo o mundo. E agora a Biblioteca da Coruña tamén é pioneira estreando o programa en Galicia.  

E volve a estrela canina Nora, para acompañarnos unha vez máis coa lectura. Nora é unha cadeliña moi alegre que pode estar horas xogando coa pelota ou calquera xoguete que lle lances, ela tráecho ao momento. Pica no seu nome e poderás coñecer moito máis sobre a súa vida, os seus gustos...

2 sesións. Inscrición previa no Formulario

. O día anterior á actividade avisarase por teléfono só aos admitidos

. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, terán preferencia os usuarios con carné da biblioteca

DÚAS SESIÓNS:

Sábado 4 e 18 de maio. Horario (dúas quendas):

. 12:00 horas

. 13:00 horas 

NENOS E NENAS A PARTIR DE 5 ANOS

Nestes vídeos, profesoras de Educación Infantil e Primaria contan a súa experiencia co programa.

. Dalila, Directora del CEIP Virgen de la Paz, en Collado Mediano (Madrid)

.Nerea, Directora del CEIP Infantas Elena y Cristina, en San Sebastián de los Reyes (Madrid)

.Gema, Profesora Aula TEA del CEIP Teresa de Calcuta, en San Sebastián de los Reyes (Madrid)

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro sobre a técnica do óleo no Museo de Belas Artes de Coruña. Fragmento dunha obra no Museo de BBAA da Coruña
Introdución á técnica do óleo
1 de xuño
Museo de Belas Artes
Obradoiro sobre a técnica do óleo no Museo de Belas Artes de Coruña. Fragmento dunha obra no Museo de BBAA da Coruña
Introdución á técnica do óleo
8 de xuño
Museo de Belas Artes
Bonecos de madeira
Andobrincando no Gaiás
22 de xuño
Biblioteca de Galicia