Evento: Uxía-o

  • Uxía-o
Uxía-o
sábado, 14 outubro, 2017 - 20:30
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Uxía-o

Poemas de Uxío Novoneyra, música de Uxía Senlle

Uxía Senlle presentará na Cidade da Cultura o seu último traballo, Uxía-o, homenaxe ao escritor Uxío Novoneyra. A artista converte os poemas de Novoneyra en música, sumando ecos de muiñeira, ragtime, alalá e reggae. O aire ou A miña sombra correndo son transformados en alalás, por exemplo. 

A entrada será de balde previa recollida de convites. 

O concerto está ligado á exposición Flor Novoneyra, de Antón Lamazares, que poderá ser visitada no Museo Centro Gaiás ata o próximo 26 de novembro. 

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello
Quitar o aire
19 de xullo
Ponte Maceira