Evento: Findes na Balea: Poesía visual

Findes na Balea: Poesía visual
sábado, 9 setembro, 2017 - 17:00
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Findes na Balea: Poesía visual

Obradoiro artístico para toda a familia

Como traballa un poeta? Como crea un artista?

A través de dúas figuras senlleiras da cultura galega como Uxío Novoneyra e Antón Lamazares, reunidos na excepcional mostra Flor Novoneyra, os máis pequenos  e pequenas da casa vanse converter durante unha tarde en poetas e artistas.

Descrición:

A actividade consistirá nunha visita comentada á mostra Flor Novoneyra na que se traballará a linguaxe da poesía cos participantes. A visita estará dinamizada con materiais textuais, facendo lecturas de fragmentos de Novoneyra e outros poetas galegos. Os participantes crearán os seus propios poemas, explorando as principais técnicas literarias de xeito intuitivo. Os adultos exercerán como canles para facilitar a comprensión dos cativos.

A actividade estará complementada cun obradoiro no cal os nenos e nenas aprenderán a valorar as cores e a descifrar o Alfabeto Delfín. Farase unha pequena introdución a codificación e empregaranse o código creado por Antón Lamazares para xerar as propias obras artísticas, inspiradas na obra do pintor lalinense.

 Como resultado do obradoiro, cada participante producirá o seu propio Lamazares, un poema visual escrito en Alfabeto Delfín personalizado.

Maís información: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/poesia-visual

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Contos para arrollar un enxame
20 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Obradoiro creativo: ATLÁNTICO. A viaxe das nosas vidas.
21 de maio
Casa do Concello de Sarreaus
Bordado literario: As cantareiras
21 de maio a 22 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés