Evento: Obradoiro creativo: ATLÁNTICO. A viaxe das nosas vidas.
Obradoiro creativo: ATLÁNTICO. A viaxe das nosas vidas.
Celebramos o Día da diversidade cultural con Marilé González Arca, educadora e artista.
Atlántico, a viaxe das nosas vidas é unha actividade que celebra os procesos migratorios que caracterizan a Galicia de onte e hoxe, que se somerxe na riqueza da diversidade... Unha aventura chea de amor e identidade autorreferencial da autora e de moitos galegos e galegas.
Trátase dun taller experimental que percorre a disciplina expresiva da tinta: achegarémonos á obra gráfica de Castelao, experimentaremos e coñeceremos os procesos plástico-expresivos do propio artista e da súa época.
Unha xornada para imaxinar, crear e desfrutar. Agardámoste!
Actividade aberta a todos os públicos.
DATA: 21/05/2025
HORA: de 11:30h a 12:30h
LUGAR: Casa do Concello de Sarreaus