Evento: Os tres porquiños
Os tres porquiños
Os tres porquiños
Espectáculo de teatro infantil da compañía Educa Teatro Producións
Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?
A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?
Elenco
Paulo Medal (Explorador)
Martiña Villar (Porquiño Pequeno)
Susana Martínez (Porquiño Mediano)
Andrés Viana (Porquiño Maior)
Mariña Río (Lobo Feroz)
Ligazóns