Evento: SÉS

  • SÉS
  • SÉS
  • SÉS
SÉS
domingo, 8 outubro, 2017 - 21:00
Praza de Santa María,
Lugo

SÉS

Festas de San Froilán 2017

María Xosé Silvar é unha cantaoutora nada na Coruña que desde sempre estivo interesada na música tradicional e a cultura galega. Aínda que o seu estilo é o rock, as súas letras representan os valores sociais como son o feminismo ou o orgullo pola súa propia cultura. Por iso, a súa música representa a inspiración do pobo e enchen de enerxía ao público que a escoita.

En 2007 forma un grupo ao que chama Chámalle Xis!, co que gaña un concurso na cidade. A partir de 2010, cando decide gravar tres maquetas en solitario, pensa que o mellor é realizar ela mesma as xiras e en 2011 grava o seu primeiro álbum, Admirando a condición.

Neste concerto nas festas do San Froilán presenta o seu cuarto disco chamado Opoñerse á extinción.

Máis eventos de tipo Concerto

Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Música das Illas, Música do Mar
26 de xuño
Museo do Mar de Galicia
Maxicamente
26 de xuño
Praza Maior
Nikki Hill + Sr. Salvaje
26 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5