Evento: Brincadeira + Banda Municipal de Santiago

Brincadeira + Banda Municipal de Santiago
xoves, 13 xullo, 2017 - 20:00
Praza de Praterías,
Santiago de Compostela

Brincadeira + Banda Municipal de Santiago

Primeira actuación conxunta de ambas formacións

A Banda Municipal de Música de Santiago e a Agrupación de Baile e Música Tradicional Brincadeira van colaborar nun concerto moi especial na praza das Praterías. É a primeira vez que a Banda comparte escenario con Brincadeira.

No concerto do xoves poderase escoitar un repertorio cheo de temas tradicionais. Así, a Banda e Brincadeira interpretarán clásicos como a "Xota de Moscoso", a "Carballesa" ou a "Rumba de Saivane".

Haberá tamén pezas interpretadas polas pandereteiras de Brincadeira, como a "Xota, muiñeira e pasodobre de Candín".

Máis eventos de tipo Concerto

Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños
Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello