Evento: Mystery Train

Mystery Train
mércores, 5 xullo, 2017 - 22:30
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela
Comedia de Jim Jarmusch

Dirección e guión: Jim Jarmusch
Intérpretes: Masatoshi Nagase, Youki Kudoh, Nicoletta Braschi, Cinqué Lee, Screamin' Jay Hawkins, Elizabeth Bracco, Tom Noonan, Steve Buscemi, TomWaits, Rick Aviles, Joe Strummer
Estados Unidos - Xapón, 1989
Xénero: comedia
Duración: 105 min
Non recomendada para menores de 13 anos

Tres historias suceden en Memphis ao mesmo tempo. En “Lonxe de Yokohama”, unha parella xaponesa chega entusiasmada coa vontade de peregrinar aos lugares emblemáticos da vida de Elvis Presley e as orixes do rock and roll. En “Unha pantasma”, unha muller italiana ten que pasar o día na cidade esperando un avión para repatriar o cadáver do seu marido. En “Perdidos no espazo”, o alcohol leva a tres homes a acabar perseguidos pola lei. Inspirado pola idea de Memphis como icona dunha cultura americana en decadencia, Jim Jarmusch utilizou diferentes puntos de vista para retratar o seu carácter mítico, e contou coa participación de figuras emblemáticas da música como Joe Strummer, Screamin’ Jay Hawkins, Rufus Thomas ou Tom Waits. 

O CGAC e o Cineclube de Compostela programan unha nova edición do Cine de Verán. Este ano, no cinema ao aire libre, proxectarase Fóra de contexto. Ciclo de cine turista, dirixido por Cibrán Tenreiro. As noites dos mércores e xoves do mes de xullo a partir das 22:30 h poderase gozar de seis grandes títulos do cinema internacional que ofrecen unha particular mirada arredor da figura do turista e da viaxe.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual