Evento: Dura Lex

Dura Lex
venres, 30 setembro, 2016 - 20:30
Praza Rafael Dieste,
Rianxo
Espectáculo teatral da compañía Volta e Dalle

Autor: Carlos Santiago

Dirección: Comba Campoy e Carlos Santiago

Elenco: Pepe Penabade

O xuíz Salomón da Silva, natural de Nacente, aldea perdida no Souto da Retorta, convoca un acto promocional para presentar un invento revolucionario,a DURA LEX PRO 1.0, a máquina de facer xustiza. Vítima dunha conspiración urdida nas intrincadas canalizacións do poder xudicial, o xuíz Salomón da Silva quere redimirse dando a coñecer o froito de máis de vinte anos de traballo e investigación.

 

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Novas tolemaxias
31 de xullo, 12:00
Campo da Festa de Rois - Rois - A Coruña
Con lingua propia
31 de xullo, 12:00
Praza do Centenario - Ribeira - A Coruña
As aventuras de Pituquito
31 de xullo, 13:00
Praza Alcalde Rojo Losada - Monterroso - Lugo
Home Orquestra
31 de xullo, 19:00
Praza do Toural - Vilar de Barrio - Ourense