Evento: Ánxel Huete. Unha revisión crítica

  • Crédito: Ánxel Huete, da serie “Ocultacións”, 2000. Acrílico sobre tea. 146 x 114 cm c/u.
Ánxel Huete. Unha revisión crítica
venres, 28 abril, 2017 a domingo, 17 setembro, 2017
MARCO - Museo de Arte Contemporánea,
Vigo

Ánxel Huete. Unha revisión crítica

Artista indespensable para comprender o discorrer da produción artística en Galicía nas últimas décadas

A exposición Ánxel Huete. Unha revisión crítica é a primeira presentación que fai un museo da traxectoria de Ánxel Huete (Ourense, 1944), artista indispensable para comprender o discorrer da produción artística en Galicia nas últimas décadas. Defensor da arte como motor de transformación social, compaxinou o labor plástico coa militancia política e a activa participación na organización de eventos fundamentais para a renovación da arte galega e dos seus modos de organización: a exposición de esculturas ao aire libre do monte do Castro (Vigo, 1974), as mostras da Praza da Princesa (Vigo, 1975), Atlántica (1980-1983) —proxecto colectivo do que foi impulsor—, a Asociación Galega de Artistas Visuais (creada en 1997) ou o Foro da Cultura Galega (1999-2001).

A exposición, comisariada por Agar Ledo, enténdese como unha oportunidade para estudar e reinterpretar o noso pasado máis recente a través da traxectoria de Ánxel Huete, revisión que vén acompañada dun libro —coeditado por Anxo Rabuñal e Agar Ledo, deseñado por Xosé Salgado e Lía Santana, e con achegas de Rosalía Pazo Maside, Manuel Pérez Rúa ou Isaac Pérez Vicente— que sirve de espello ao contexto social e cultural das últimas décadas.

 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n