Evento: Os Rockenstein

Os Rockenstein
domingo, 3 setembro, 2017 - 20:00
Auditorio da Azucreira,
Portas

Os Rockenstein

Espectáculo teatral-musical para toda a familia da compañía Malasombra

Sandra Iglesias

Carlos Mosquera "Mos"

Jouse García

Xoque Carbajal

 

Sinopse: O profesor Rockenstein, é un brillante científico que pasa a súa vida metido no laboratorio investigando novas fórmulas para beneficio da humanidade. Pasa os seus días entre probetas, computadores, tubos de ensaio e microscopios, mentres goza da súa gran paixón: O Rock & Roll. Pero Rockenstein está triste, sentese só e de súpeto xorde a gran idea da súa vida: Crear unha criatura! Un fillo con quen poder compartir o amor pola ciencia e polo Rock & Roll. Pero algo falla, a revolucionaria maquinaria que acaba de inventar vólvese tola e non sae un fillo, empeza a cuspir neles ata que saen tres. Non só ten con quen compartir a súa vida e as súas paixóns, ten a súa nova familia con quen montar a "Rockenstein band"

 

"Os Rockenstein" é un espectáculo de teatro-musical con 10 cancións orixinais para público infantil e familiar. 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Danza 3 | O Fiadeiro
28 de abril
Praza do Convento
Totally Tina
4 de maio
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Danza 3 | Xacarandaina
9 de maio
O Cantón