Evento: A encrucillada da danza na actualidade
A encrucillada da danza na actualidade
Aproveitando que o 29 de abril se celebra o Día Internacional da Danza, a Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega propoñen unha xornada, coordinada por Eva Faraldo, dedicada á encrucillada da danza na actualidade.
Nela, profesionais de nivel estatal e autonómico, establecerán unha reflexión que nos permita abordar a importancia da danza como motor de cambio e crecemento persoal, así como dinamizadora na sociedade en que vivimos.
Antonio Najarro é bailarín e coreógrafo, formado polos máis prestixiosos mestres de danza en todos os estilos: ballet clásico, bolero, clásico español, folclore, flamenco e danza contemporánea. É nomeado director do Ballet Nacional de España en abril de 2011. Estará neste seminario no Consello da Cultura Galega. Na súa sesión falará sobre a xestión e proxección da súa compañía privada, a evolución coreográfica na danza e na patinaxe artística sobre xeo, a situación actual da danza española, o seu proxecto levado a cabo na dirección do BNE, entre outras cousas.
Podes obter máis información e facer a inscrición en:
http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200565
Todo o programa, aquí.