Evento: Día da Poesía
Día da Poesía
martes, 21 marzo, 2017 - 11:00
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela Día da Poesía
Lectura de poemas de María do Cebreiro, Rosalía Fernández, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade e Alba Cid
Actividade para celebrar o Día da Poesía no que participan cinco poetas que lerán poemas do escritor Miguel Hernández, a quen a Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados decidiu dedicar o Día da Poesía este ano. Os poetas que participarán serán María do Cebreiro, Rosalía Fernández, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade e Alba Cid.
Ademais, hai un concerto didáctico a cargo do músico Paco Damas, que comprenderá distintas cancións e a lectura poética por parte dunha representación do alumnado asistente de textos de Miguel Hernández, acompañados por imaxes da súa obra. Esta proposta leva por nome Tristes guerras e quere lembrar o 75 aniversario da morte do poeta, quen faleceu na cadea en Alacante.