Evento: Budiño festexa os 20 anos de Paralaia

Budiño festexa os 20 anos de Paralaia
sábado, 8 xullo, 2017 - 22:00
Pista polideportiva de San Xiao,
Narón

Budiño festexa os 20 anos de Paralaia

Mercedes Peón é a artista convidada neste concerto celebración

“Paralaia", o primeiro disco de Budiño, cumpre 20 anos. Esta publicación transgrediu a industria musical galega do seu momento amosando outro punto de vista ao denominado folk.

Agora, co gallo do seu 20 aniversario, quere celebralo cunha nova edición remasterizada pero nun formato especial de libro-disco ilustrado.

Está acompañado no escenario por seis dos mellores músicos de Galicia na actualidade e unha convidada de luxo: Mercedes Peón, a gran creadora do país, cunha man na terra e outra na modernidade, acompañará a Budiño neste percorrido pola súa carreira.

BUDIÑO: voz, gaita, frauta
FRAN SANZ: baixo
CIBRÁN SEIXO: violín
ISAAC... PALACÍN: batería, percusións
SÉRGIO TANNUS: guitarras.
SANTIAGO CRIBEIRO: acordeón
ANTONIO RODRÍGUEZ: trombón, bombardino

Máis información, aquí.

 

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
21 de xuño
CEIP O Coto
Na lírica Emoción
12 de xullo
Praza Cabo da Vila
Na lírica Emoción
9 de agosto
Praza de Rafael Diestre