Evento: (Ex)posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995

  • Unha das obras
(Ex)posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995
venres, 17 febreiro, 2017 a domingo, 28 maio, 2017
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

(Ex)posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995

Tres exposicións simultáneas e complementarias

O lugar común de que no mundo da arte española non houbo un pensamento crítico queda desmentido con este proxecto, dirixido por Santiago Olmo e comisariado por Armando Montesinos e Mariano Navarro.

O proxecto cobre un período histórico de profundas transformacións sociais, culturais e xeracionais. O final da ditadura e a consolidación da democracia traerán consigo o desenvolvemento tanto material, como intelectual, do sistema da arte.

A proposta configúrase en tres exposicións -Desprazamentos teóricos, Críterios interpretativos e Interpretacións críticas- que trazan o mapa das que foron as liñas emerxentes máis significativas da crítica de arte, sometendo a revisión algunhas das mostras producidas entre 1975 e 1995.  

As obras e documentos presentes proceden de diversas coleccións públicas e privadas, e de fundacións e arquivos en territorio nacional.

O proxecto complétase co ciclo de actividades: Tentativas críticas. Debate

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura