Evento: (Ex)posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995
(Ex)posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995
O lugar común de que no mundo da arte española non houbo un pensamento crítico queda desmentido con este proxecto, dirixido por Santiago Olmo e comisariado por Armando Montesinos e Mariano Navarro.
O proxecto cobre un período histórico de profundas transformacións sociais, culturais e xeracionais. O final da ditadura e a consolidación da democracia traerán consigo o desenvolvemento tanto material, como intelectual, do sistema da arte.
A proposta configúrase en tres exposicións -Desprazamentos teóricos, Críterios interpretativos e Interpretacións críticas- que trazan o mapa das que foron as liñas emerxentes máis significativas da crítica de arte, sometendo a revisión algunhas das mostras producidas entre 1975 e 1995.
As obras e documentos presentes proceden de diversas coleccións públicas e privadas, e de fundacións e arquivos en territorio nacional.
O proxecto complétase co ciclo de actividades: Tentativas críticas. Debate
Máis eventos de tipo Exposición