Evento: Rueiro das liortas

Rueiro das liortas
sábado, 4 marzo, 2017 - 20:00
Auditorio Municipal de Cedeira,
Cedeira
Espectáculo teatral a cargo de Elefante Elegante

O Rueiro das liortas é un espectáculo inspirado no teatro popular que afonda nas relacións de parella e nas dificuldades para manter vivo o amor frente ao tempo, á rutina e aos obstáculos da vida. O dinamismo dos elementos escenográficos permite representar diferentes espazos. Xuntamente co texto, a xestualidade e a música en directo, forman os ingredientes desta comedia iniciática. En escena están un actor e unha actriz que interpretan múltiples personaxes, acompañados dun neno actor e dunha nena actriz que fan valer a súa propia verdade interpretativa. O espectáculo dános a visión dunha realidade onde falar dos outros e meterse na súa vida é máis cómodo e divertido do que ollar para un mesmo.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra