Evento: Vai Oviravai
Vai Oviravai
A partir dos contidos e valores que transmite o seu primeiro libro-disco, As Andanzas de Paio, o grupo vigués Oviravai creou o espectáculo musical infantil VAI OVIRAVAI, que dende a súa estrea en abril de 2016, non deixou de colleitar éxitos, poñendo o cartel de "Aforo completo" en Ourense, Vigo e Buenos Aires, entre outros moitos lugares.
Un espectáculo familiar da Rede galega de teatros e auditorios cun formato adaptable a espazos interiores e á rúa.
VAI OVIRAVAI está protagonizado por tres divertidas persoaxes - Roni, KIki e Chamuco - que, xunto a Paio e a súa banda de musicólogos, interpretan as cancións do libro-disco fiándoas cunha divertida trama na que teñen un papel moi especial as coreografías coas que os bailaríns conquistan os pequenos e pequenas da casa.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios


