Evento: Maruja Mallo: unha pintora de vangarda
Maruja Mallo: unha pintora de vangarda
xoves, 5 xaneiro, 2017 a martes, 31 xaneiro, 2017
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Maruja Mallo: unha pintora de vangarda
Mostra bibliográfica
Conmemoramos o Día da ilustración (30 de xaneiro) cunha mostra dedicada a Maruxa Mallo (Viveiro 1902 - Madrid 1995), a máis recoñecida das artistas galegas do século XX.
A súa obra é cada vez máis valorada por galeristas e críticos, aínda que non foi recoñecida ata a morte de Franco. A súa culminación podería establecerse na Medalla de Ouro de Belas Artes, no 1982, e na exposición antolóxica que no 1993 inaugura o Centro Galego de Arte Contemporánea.
Este ano vai ser a homenaxeada no Día das Artes Galegas (1 de abril) como o acordou o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes.
A mostra pódese ver no vestíbulo da biblioteca e forma parte do programa de celebración do Día da Ilustración.
Ligazóns