Evento: Obradoiro de xogos e xoguetes en galego
Obradoiro de xogos e xoguetes en galego
O Nadal é tempo de xoguetes e a Rede de Dinamización Lingüística quere apoiar os xogueteiros que os desenvolven na nosa lingua, animar os pequenos e pequenas a empregala nos seus xogos e aos seus pais e nais a transmitirlles o idioma propio de Galicia compartindo con eles espazos e tempos de ocio en galego. A empresa Brazolinda será a encargada de desenvolver este Nadal, en 10 concellos da Rede, un obradoiro para familias con nenos entre os 2 e os 10 anos que responda a estes obxectivos.
Durante un par de horas, o persoal dinamizador iralles amosando aos participantes como empregar diferentes xogos de mesa a aqueles que se acheguen, que despois poderán continuar xogando libremente. Ao final da sesión, os asistentes terán ocasión de elixir algún deses xoguetes para quedar no concello en que se realizou a actividade, co fin de que teñan a oportunidade de volver utilizalo no futuro.