Evento: Mulleres, ritmo e tradición

Mulleres, ritmo e tradición
venres, 30 maio, 2025 - 18:00
Biblioteca Municipal,
Xermade

Mulleres, ritmo e tradición

Obradoiro impartido por Sabela Olivares

Este ano, a Real Academia Galega dedícalle o 17 de maio a sete pandeireteiras e, con elas, a todas as mulleres que crearon e transmitiron a música tradicional, e a lingua, de xeración en xeración. A Rede de Dinamización Lingüística súmase a esta homenaxe con esta e outras actividades.

Mulleres, ritmo e tradición é un obradoiro de música tradicional dirixido a nenas e nenos de infantil e primaria. Impartido por Sabela Olivares, combina o descubrimento do patrimonio musical galego coa expresión corporal e vocal. A través da tradición oral, e empregando a percusión corporal como ferramenta principal, os nenos e nenas coñecerán de maneira lúdica, creativa e adaptada á súa idade, a riqueza e a función da música galega. Ao tempo que, cunha aprendizaxe multisensorial, se fomentan habilidades como a coordinación, a memoria e a atención, visibilizarase o papel das mulleres na nosa tradición musical cun enfoque integrador que busca que a música sexa vivida, non só como herdanza, senón tamén como experiencia enriquecedora e significativa.

Outras datas

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Pelica de burra
23 de maio, 18:30
Biblioteca municipal - Ponteceso - A Coruña
Fala, fala, falangueira
23 de maio, 19:00
Auditorio Municipal - Ribadumia - Pontevedra
Castelao, un corazón á intemperie
23 de maio, 19:00
Malecón (en caso de chuviano Teatro Lauro Olmo) - O Barco de Valdeorras - Ourense
Pelica de burra
24 de maio, 11:00
Centro Cultural A Pontevella - Teo - A Coruña