Evento: Mercado da Estrela

Mercado da Estrela
sábado, 17 decembro, 2016 a domingo, 18 decembro, 2016
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Mercado da Estrela

Festival urbán de inverno para visibilizar o talento das persoas creadoras, artistas, artesáns, produtoras e emprendedoras de Galicia

O Mercado da Estrela chega á súa quinta edición convertido nun festival urbán de inverno gratuíto para visibilizar o talento das persoas creadoras, artistas, artesáns, produtoras e emprendedoras de Galicia. 

A Feira Creativa ubicarase no Claustro do Museo do Pobo Galego e no Matadoiro Compostela con marcas de deseño de moda e complementos, robótica e xoguetes artesanais, bixutaría e xoiaría, ilustración e papelería, decoración, cerámica e obxectos para o fogar... Na Praza 8 de marzo instalaranse seis vehículos de comida que ofrecerán unha apetecible oferta gastronómica que os visitantes poderán degustar dinamizados por sesión DJ durante ambas xornadas. 

A Carpa Cantina Gourmet  ampliará a carta de restauración e será o espazo no que se desenvolverán os concertos das bandas galegas da electrónica, indie, pop e rock que participarán no 5º Aniversario da iniciativa. O Mercado contará ademais con múltiples actividades, como obradoiros creativos, un servizo de gardería-ludoteca de balde, ou charlas con entrada libre no Foro Emprendedores a Escena. 

O horario do Mercado da Estrela será de 11h. a 21h. no Museo do Pobo Galego e no Matadoiro Compostela, de 11h a 22h nas zonas de restauración e ata entrada a noite na Cantina Gourmet onde terán lugar os concertos. 

+ info: mercadodaestrela.es

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal