Evento: Berta Cáccamo. Expansión Ensaio
Berta Cáccamo. Expansión Ensaio
venres, 4 novembro, 2016 a domingo, 22 xaneiro, 2017
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela Berta Cáccamo. Expansión Ensaio
Un proxecto vital en presente continuo
Os comisarios Bavid Barro e Santiago Olmo propoñen no CGAC unha retrospectiva, desordenada en tempos, formatos e estilos da obra de Berta Cáccamo.
Considerada unha das pintoras españolas máis importantes da súa xeración, a súa pintura é produto dunha mirada inquieta, emocional e afectiva.
Esta exposición nace a partir de obras de finais dos oitenta, uns primeiros traballos que posúen un centro, que obedecen a un motivo e gardan un senso máxico.
Ligazóns