Evento: 130 Aniversario do nacemento de Florentino L. Cuevillas

130 Aniversario do nacemento de Florentino L. Cuevillas
mércores, 2 novembro, 2016 a mércores, 30 novembro, 2016
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

130 Aniversario do nacemento de Florentino L. Cuevillas

Mostra bibliográfica

Florentino López Alonso-Cuevillas, nado en Ourense o 14 de novembro de 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 1958, foi un historiador e escritor galego. En 1968 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Está considerado o pai da arqueoloxía científica galega. Pertenceu ás Irmandades da Fala, a Xeración Nós e ao Seminario de Estudos Galegos, compaxinando a actividade desempeñada nestas institucións cunha discreta participación política en pro do galeguismo, na época en que se volveu nacionalista trala fase rexionalista.

Con esta mostra recordamos a sua figura no 130 aniversario do seu nacemento.

2º andar da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n