Evento: Bella Ciao
Bella Ciao
En 1964, no Festival dos Dous Mundos en Spoleto, un espectáculo chamado Bella Ciao causou moita controversia e marcou o comezo da recuperación da música folc italiana. Cincuenta anos despois, un prestixioso grupo volta para recuperar o seu influínte ciclo de cancións, que hoxe adquiren unha nova urxencia no mundo globalizado polos valores que promove: liberdade, paz e dereitos civís.
As cancións foron actualizadas e rearranxadas polo coñecido mestre do bandoneón Riccardo Tesi e interpretadas por tres das máis destacadas voces do folc e da canción social italiana dos últimos 30 anos: Ginevra Di Marco, Lucilla Galeazzi e a sarda Elena Ledda. Bella Ciao é a narración histórica deste rexurdimento a través de música, sons e palabras, que carrexan un significado profundo, non só para a escena folc italiana, senón para todos aqueles aos que lles interese a súa mensaxe.
Riccardo Tesi – acordeón diatonico, arranxos
Elena Ledda – voces
Lucilla Galeazzi – voces, guitarra
Luisa Cottifogli – voces
Alessio Lega – voces, guitarra
Maurizio Geri – voces, guitarra
Luigi Biolcati – percusión
Concerto con entrada Full-pass
Máis eventos de tipo Concerto