Evento: O rueiro das liortas
O rueiro das liortas
Nova actividade destinada ao lecer de calidade en galego que poderá gozarse, en exclusiva, en 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística este outono. Trátase dunha proposta escénica dirixida a todos os públicos a partir dos 8 anos de idade e cuxo obxectivo é que a cativada e a mocidade se acheguen ao teatro en lingua galega por medio dunha obra de coidada estética na que as emocións, os afectos, o humor e a palabra van da man.
Na liña dos espectáculos creados por Elefante Elegante, fusiona o texto co teatro visual baseado no xesto e no movemento. O dinamismo dos elementos escenográficos que representan diferentes espazos, un actor e unha actriz que interpetan múltiples personaxes e un neno e unha nena que traen a súa verdade son os ingredientes para que esta comedia iniciática, vista desde unha óptica feminina, nos ofreza a súa particular visión dunha realidade na que as persoas teñen por afección meter o nariz onde non as chaman.
Máis eventos do ciclo FalaRedes



