Evento: O rueiro das liortas

  • O rueiro das liortas. Detalle do cartel
  • Escena d'O rueiro das liortas
  • O rueiro das liortas
O rueiro das liortas
sábado, 1 outubro, 2016 - 19:00
Casa da Cultura,
Foz

O rueiro das liortas

A compañía Elefante Elegante baséase na comedia da arte e no teatro popular para afondar nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor

Nova actividade destinada ao lecer de calidade en galego que poderá gozarse, en exclusiva, en 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística este outono. Trátase dunha proposta escénica dirixida a todos os públicos a partir dos 8 anos de idade e cuxo obxectivo é que a cativada e a mocidade se acheguen ao teatro en lingua galega por medio dunha obra de coidada estética na que as emocións, os afectos, o humor e a palabra van da man.

Na liña dos espectáculos creados por Elefante Elegante, fusiona o texto co teatro visual baseado no xesto e no movemento. O dinamismo dos elementos escenográficos que representan diferentes espazos, un actor e unha actriz que interpetan múltiples personaxes e un neno e unha nena que traen a súa verdade son os ingredientes para que esta comedia iniciática, vista desde unha óptica feminina, nos ofreza a súa particular visión dunha realidade na que as persoas teñen por afección meter o nariz onde non as chaman.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Os Bolechas e o gran reto
1 de agosto, 20:00
Praza do Floreal - Cedeira - A Coruña
Os Bolechas e o gran reto
4 de agosto, 11:30
Praza do Centro Multifuncional Xesús Mato Mato - Paradela - Lugo
Os Bolechas e o gran reto
5 de agosto, 20:00
Praza do Corgo - O Grove - Pontevedra
Vinde todas
8 de agosto, 17:00
Área recreativa do río Vaa - Malpica de Bergantiños - A Coruña