Evento: Os xeitos do común perante a propiedade e a débeda

  • La escuela de Atenas. Rafael Sanzio, 1510-11
Os xeitos do común perante a propiedade e a débeda
xoves, 13 outubro, 2016 - 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Os xeitos do común perante a propiedade e a débeda

Conferencia enmarcada no Programa Filosofía nas Bibliotecas, organizado pola Fundación Euseino

A biblioteca acolle un ciclo de conferencias no marco do Programa Filosofía nas Bibliotecas, que ten como obxectivo fomentar e apoiar a difusión do pensamento filosófico nas bibliotecas públicas galegas.

Lucía Castro, licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e Diploma de Estudos Avanzados en 2006 polo Departamento de Filosofía da Universidade Autónoma de Madrid pronuncia a conferencia Os xeitos do común perante a propiedade e a débeda.

Lucía Castro tamén foi investigadora de posgrao na USC e participou en varios grupos de investigación, entre eles, Filosofía do Imperio e Filosofía Xeopolítica da Historia. Entre as súas publicacións cómpre citar artigos como El pensar como potencia en Martin Heidegger (2007), Lógos y téchne. El lenguaje en la pro-ducción (2009) e É nosa a terra? Polo acontecemento da non-propiedade (2012).

Tras unha estadía de investigación na Albert-Ludwigs Universität de Freiburg (Alemaña), volve á Coruña en 2011, onde colabora en diferentes proxectos sociais da cidade e participa nas actividades culturais promovidas pola asociación Proxecto Derriba, da que forma parte.

Salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Xornada Hispanidad
21 de xuño
Museo Militar da Coruña
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde