Evento: Alcouve
Alcouve
'Alcouve', o último e inquietante traballo de Fran Herbello. Trátase dunha nova proposta deste proxecto colectivo coordinada por Manolo Martínez.
Ata seis mil perforacións debeu practicar Fran Herbello no papel para que no papel xermolasen as seis mil sementes do seu Alcouve.
A obra, concibida especificamente para o muro de case catro metros que ocupa unha parte da libraría Chan da Pólvora (situada na rúa de San Pedro, 74) será comisariado a partir de outubro por Juan de Nieves, nunha proposta singularizada de varios artistas internacionais.
Con motivo da inauguración de Alcouve, Chan da Pólvora Editora publicou un prego deseñado por Manolo Martínez que reflecte a complexa cronoloxía deste traballo de Herbello, un dos artistas máis inquietantes e carismáticos do panorama galego actual.
Máis información aquí.