Evento: Pepo Suevos
Pepo Suevos
Espectacular showman e monologuista que utiliza na súa posta en escea un toque salvaxe, enérxico e incluso algo macarra ao servizo da risa do público. Hábil improvisador e cun repertorio no que toca todos os temas existentes, Pepo Suevos non deixa indiferente a ninguén nos seus espectáculos. Os números en directo ou “corpo a corpo” son a súa especialidade, un formato co que xa leva dado case mil actuacións, polo que pode presumir de ser un dos artistas galegos máis curtidos e experimentados.
Ademais da súa faceta de monologuista, Pepo Suevos ten traballado en coñecidas series e programas da TVG como Terra de Miranda (onde interpretou ao xa mítico taberneiro Metralla), Mareas vivas, Pratos combinados ou O Show dos Tonechos, Luar e Land Rober, así como en producións estatais como Hospital Central ou M.I.R. No cinema, Pepo Suevos, que tamén é guionista, participou en longametraxes como Entre bateas, Trece badaladas,Pradolongo ou Agallas.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

