Evento: Pepo Suevos

Pepo Suevos
sábado, 3 marzo, 2018 - 21:30
Casa da Cultura de Vimianzo,
Vimianzo
Monólogo

Espectacular showman e monologuista que utiliza na súa posta en escea un toque salvaxe, enérxico e incluso algo macarra ao servizo da risa do público. Hábil improvisador e cun repertorio no que toca todos os temas existentes, Pepo Suevos non deixa indiferente a ninguén nos seus espectáculos. Os números en directo ou “corpo a corpo” son a súa especialidade, un formato co que xa leva dado case mil actuacións, polo que pode presumir de ser un dos artistas galegos máis curtidos e experimentados.

Ademais da súa faceta de monologuista, Pepo Suevos ten traballado en coñecidas series e programas da TVG como Terra de Miranda (onde interpretou ao xa mítico taberneiro Metralla), Mareas vivasPratos combinados ou O Show dos Tonechos, Luar e Land Rober, así como en producións estatais como Hospital Central ou M.I.R. No cinema, Pepo Suevos, que tamén é guionista, participou en longametraxes como Entre bateasTrece badaladas,Pradolongo ou Agallas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Castelao
11 de maio, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
OhOlimpiadas!
11 de maio, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
Os contos do Lobicán
11 de maio, 18:00
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Apaga o candil
11 de maio, 19:00
Auditorio da Xuventude - Cambados - Pontevedra