Evento: María Fumaça

María Fumaça
sábado, 28 abril, 2018 - 18:30
Pazo da Cultura,
Pontevedra
Presentación de Aire, o novo proxecto musical infantil con Uxía, Sergio Tannus, Magín Blanco e Santiago Cribeiro

María Fumaça presenta novo traballo, Aire, un proxecto musical de celebración da vida. Os artistas convidan o público a viaxar canda eles no tren máis festeiro que nunca houbo nen haberá.. Nos seus vagóns, o ambiente é sempre de festa porque é unha viaxe entre amigas e amigos.

Deste xeito, fan que os asistentes leven con eles un saquiño cheo de bo humor, de cancións-lambetadas e ritmos-aloumiños, tamén auguiña fresca por se aperta a sede e unha boa dose de espíritu lúdico para viaxar a paso lento e sen destino certo.

O corazón do participantes baterá a ritmo de muiñeira, rumba, samba, rock e forró.
    

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os Ourizos, o musical
28 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra