Evento: Baile Asalto

Baile Asalto
venres, 22 xullo, 2016 - 12:30 a 23:45
Praza do Toural,
Santiago de Compostela

Baile Asalto

Obradoiros de iniciación durante o día con músicos en palco e pola noite un concerto coa banda lisboeta Fulano, Beltrano e Sicrano

O Baile Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos, americanos e galegos de moda. Para esta xornada contaremos con tres obradoiros de iniciación durante o día con músicos en palco e pola noite un concerto coa banda lisboeta “Fulano, Beltrano e Sicrano” con Matias Tradballs, especialistas en animar a danzar. Porque o baile é é música, cultura e identidade mais tamén é exercicio, terapia e catarse colectiva nun movemento que nos últimos trinta anos está a espallarse por toda Europa.

O Baile Assalto toman o nome dos bailes que se organizaban e moitas vilas de Galicia a comezos do século XX que foron medrando en concurrencia especialmente durante o chuvioso inverno. aCentral Folque organiza estes Bailes regularmente durante todo o inverno en Santiago de Compostela.

Programa:

12.30 h - Obradoiro de bailes agarrados con Montse Rivera. Música ao vivo: Ariel Ninas (Compostela)
17.00 h- Obradoiro de bailes europeos con Matias Tradballs. Música ao vivo: Fulano&Beltrano (Lisboa)
19.00 h- Obradoiro de danzas de roda con Suso Cancelas e Asoc. Monteira Danzas do Mundo (Vigo)
21.00 h- Baile Assalto con Fulano, Beltrano e Sicrano (Portugal)

Programación de Artellando para as festas do #Apóstolo2016

Máis eventos de tipo Espectáculo

Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés