Evento: Gdjazz Trío
Gdjazz Trío
GDJAZZ TRIO é unha formación de jazz acústico enfocada na interpretación de temas do estilo "hard-bop" incluindo tamén música orixinal do seu band-leader Javier Pereiro.
O trío ven a ser unha das formacións que brindan máis liberdade aos músicos nos campos da interpretación, expresión artística e comunicación, permitíndolles acadar unhas cotas de enerxía e emotividade por riba do habitual. Ó mesmo tempo este formato resulta altamente desafiante pola súa dificultade, xa que como se soe dicir, canta máis liberdade, maior responsabilidade.
É por isto que se fai necesaria a participación de músicos con grande mestría, experiencia e creatividade, como é o caso destes tres grandes músicos cos que temos sorte de contar no panorama galego.
Javi "GDjazz" - Trompeta
Paco Charlín - Contrabaixo
Iago Fernández - Batería
Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo
