Evento: Lago Rivera: No principio dun mundo, 1916-2016

Lago Rivera: No principio dun mundo, 1916-2016
martes, 20 setembro, 2016 a sábado, 19 novembro, 2016
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Lago Rivera: No principio dun mundo, 1916-2016

Selección das pezas máis importantes da súa traxectoria

Proxecto expositivo desenvolvido pola AFundación en colaboración coa Xunta de Galicia no centenario do nacemento do artista coruñés. A exposición articúlase a través de 53 obras nas que se poden ver os cambios conceptuais e formais da arte do pintor ao longo de corenta anos. 

Esta exposición é unha homenaxe a este pintor senlleiro  da plástica galega da segunda metade do século XX, no ano do centenario do seu nacemento. O Teatro Afundación Vigo acolle nesta mostra unha selección das pezas máis importantes da súa traxectoria. Un merecido recoñecemento da cidade a un dos seus artistas máis representativos.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia