Evento: Regueifas de Ciencia

Regueifas de Ciencia
xoves, 1 xuño, 2017 - 20:00
Facultade de Ciencias da Comunicación,
Santiago de Compostela

Regueifas de Ciencia

Debates intelixentes sobre temas apaixonantes

Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), pertencente ao Ministerio de Economía e Competitividade. Nesta sesión de peche o debate será sobre ciencia e fe.

Debate de Regueifas de Ciencia 2017: Seguridade e Privacidade Dixital

Máis información, aquí.

Cada debate vira ao redor dunha pregunta definida que aborde unha cuestión de interese social cun importante compoñente científico. O debate ten intervencións medidas e pautadas que permitan a exposición de ideas dunha maneira ordenada e clara, fuxindo de discusións, insultos e ataques persoais. Exposicións iniciais, quenda de preguntas concretas, preguntas do público e exposicións finais, todo precedido e rematado coa votación do público asistente para comprobar de que maneira cambia a opinión da xente en función do escoitado no debate.

Os debates son retransmitidos por streaming e tamén se publican no web para a súa visualización "á carta".

Neste link pódese visualizar o vídeo do primeiro debate: http://www.regueifas.org/vdeos-1/

Tamén se pode seguir toda a información e mesmo empezar a debater en Facebook (http://www.facebook.com/regueifas) e Twitter (@regueifaciencia).

Entrada libre ata completar capacidade.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
'Made in Galiza' de Séchu Sende
26 de abril
Auditorio Afonso Eanes