Evento: Ruta polo Camiño Real de San Pedro de Rocas
Ruta polo Camiño Real de San Pedro de Rocas
De paso polo decano dos mosteiros galegos, Espazos Sonoros tamén fai unha aproximación á impresionante contorna natural que o rodea. Seguindo o chamado Camiño Real, esta ruta circular parte de San Pedro de Rocas para discorrer por unha verea que conserva os seus muros laterais e o empedrado onde poden verse as rodeiras dos carros que a transitaban antigamente. Este camiño constituía un eixe estratéxico como vía de comunicación cara ás terras de Aguiar e de Ourense. Nel destacan fitos como o peto de ánimas de Meiroá, a fonte de san Bieito, o propio mosteiro de Rocas e o bosque de coníferas que ascende cara aos picos pedregosos que lle dan nome, nunha paraxe natural excepcional.
Hora e lugar de encontro: ás 15.00 h no Centro de Interpretación da Ribeira Sacra (antiga casa prioral)
Duración: dúas horas e media aproximadamente
Distancia: 9 quilómetros
Dificultade: media-baixa
Capacidade máxima: 50 persoas
Inscrición: do 13 ao 24 de setembro en actividades@espazossonoros.org
Público: actividade para todos os públicos