Evento: Calypso
Calypso
Calypso
Montaxe de Voadora
Ficha artística:
Autoría: Fernando Epelde
Dirección: Marta Pazos
Escenografía: José Capela
Iluminación: Rui Monteiro
Vestiario: Fany Bello
Música: José Díaz e Hugo Torres
Elenco: José Díaz, Marta Pazos
e Hugo Torres
Sinopse: M, H e J crean a realidade antes de que nos levantemos cada mañá para vela. Perdemos a realidade cada noite, xusto cando a última persoa de cada poboación dorme.
Primeiro poñen o chan: as lastras, as beirarrúas e o asfalto. Levantan as casas con moito coidado de que todo estea exactamente como estaba onte, porque se non sería confuso para todos.
Ligazóns