Evento: Mamás na biblioteca
Mamás na biblioteca
luns, 25 abril, 2016 a sábado, 7 maio, 2016
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña Mamás na biblioteca
Selección de libros da colección infantil da biblioteca
Mamá... cóntame un conto de…”Fantásticas mamás” que pintan moi ben, e son quen de andar por riba dun arame sen caer, arranxan o que lles boten, e contan as historias máis emocionantes, coma estas que vos presentamos na Biblioteca. A fermosa e intensa experiencia de ser nai trasladada a unha morea de libros que deleitarán posiblemente tanto ás nais e pais coma aos nenos: Dime mamá, vasme querer toda a vida? ; Miña nai foi pequena antes de ser maior ; Ai, que lista é miña nai! ; Sempre te quererei... e multitude de títulos máis que de seguro gustarán a todos, dispoñibles para ler aquí ou levar para a casa. Ver Issuu