Evento: O meu avó é mago

  • O meu avó é mago- Mundo Mandarina
O meu avó é mago
sábado, 6 maio, 2017 - 12:30
Teatro Principal da Estrada,
A Estrada
Espectáculo a cargo da compañía Mundo Mandarina

Neste novo espectáculo, a pallasa Mandarina recibe clases do seu avó, o grande ilusionista e prestidixitador Evaristo Poncio.

Na sala de ensaios está todo preparado, só falta que chegue el. Mentres agarda, a curiosa Mandarina aproveita para atusmar nos obxectos máxicos do avó e facerlles maxia aos pequenos voluntarios do público. Ademais de aprender a facer maxia, Mandarina terá que aprender que o avó non vai vir máis.

Neste espectáculo, a través da maxia e a comicidade, abórdase o tema de afrontar a morte dos seres queridos, non de xeito traumático, senón como unha transformación. Achega ao público miúdo a idea de que non os perdermos de todo, senón que seguen presentes a través das lembranzas e a herdanza emocional que nos deixan.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cinema Marabillas
16 de maio, 19:00
Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
O auto do Castromil
16 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Made in Galiza
16 de maio, 20:30
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña
Veciños
17 de maio, 17:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense