Evento: Voces dun retrato

Voces dun retrato
xoves, 7 abril, 2016 - 20:00
Casa Museo Casares Quiroga,
A Coruña

Voces dun retrato

Coloquio en homenaxe a María Casares, polo aniversario dos 20 anos do seu pasamento

O coloquio ‘María Casares. Voces dun retrato’ ten lugar na biblioteca da Casa Museo Casares Quiroga, dentro das actividades coas que a Asociación de Actores e Actrices homenaxea a María Casares no 20 aniversario de seu pasamento.

Nel interveñen o historiador Emilio Grandío, a xornalista Arancha Estévez –autora da primeira biografía en galego da actriz– e a investigadora María Lopo, quen recompilou a correspondencia entre María Casares e o seu pai, o político republicano Santiago Casares Quiroga, no volume ‘Cartas no exilio’.

Mabel Rivera presenta este foro, que moderará o xornalista e escritor Alberto Ramos e no que os participantes abordarán a figura de Casares tanto desde o punto de vista artístico como político e humano.

Máis información

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde