Evento: Shakespeare para ignorantes
Shakespeare para ignorantes
Shakespeare para ignorantes
Espectáculo teatral de Mofa e Befa, dirixidos por Quico Cadaval
Sinopse: Mofa & Befa irrompen nunha académica conferencia sobre o famoso autor para por en primeiro plano as escenas máis ignoradas, por desidia ou falta de oportunidades, polo público actual. O riso máis cruel. As intimidades máis vergoñentas, os actos máis deshonestos e as vilanías máis astutas serán mostradas pola impiedosa máquina cómica de Mofa&Befa. Asasinos, xuíces, bufóns, cornudos, chivatos, racistas, oportunistas, chulos, torturadores, todas as personaxes que nunca teñen o protagonismo, terán agora a oportunidade de mostrarse agora no primeiro plano.
Espectáculo dentro da programación de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

7 de agosto, 19:30
Área Recreativa Río Furelos - Melide - A Coruña

7 de agosto, 20:30
Praza do Concello - O Pino - A Coruña

7 de agosto, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña