Evento: Mulleres sobranceiras. Olga Gallego Domínguez

Mulleres sobranceiras. Olga Gallego Domínguez
luns, 7 marzo, 2016 a xoves, 5 maio, 2016
Espazo central da Biblioteca e Arquivo de Galicia,
Santiago de Compostela

Mulleres sobranceiras. Olga Gallego Domínguez

Exposición documental sobre unha das figuras máis relevantes na arquivística española

O Arquivo de Galicia inicia unha serie expositiva documental para poñer en valor a vida e obra de mulleres galegas que levaron a cabo unha labor destacada en diferentes ámbitos profesionais.

Con esta exposición o Arquivo de Galicia, centro no que se custodia o arquivo persoal de Olga Galego Domínguez grazas á doazón realizada no ano 2012 pola súa irmá Pilar, quere tamén render homenaxe a esta muller traballadora, a unha muller sobranceira e unha das figuras máis relevantes na arquivística española.

A exposición conta con 48 documentos que abordan as múltiples facetas da que tamén foi académica da RAG.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia