Evento: Xornada arredor da Camelia
Xornada arredor da Camelia
A Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla en colaboración co concello de Vedra organizan as XXI Xornadas arredor da Camelia.
Nesta edición a mostra cambia de ubicación á contorna do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, onde o inmoble e a súa finca declarados Ben de Interese Cultural forman parte da propia mostra ofertándose 2 visitas guiadas ao longo da xornada.
O programa completo da xornada é o seguinte:
Programa:
9:00 - 12:00 h. Preparación das exposicións
11:00 h. Visita guiada ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Gratuíta–Inscrición previa)
12:45 h. Inauguración da xornada por D. Juan Armada y Díez de Rivera XI Marqués de Santa Cruz de Ribadulla
13:15 h. Entrega de premios e agasallos de participación para as mostras de Flor, Ornamentación con Camelia e Concurso de debuxo infantil
13:30 h. Concerto da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla
16:00 h. Presentación da Audioguía do Pazo de Santa de Ribadulla (BIC)
16:30 h. Visita guiada ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Gratuíta– Inscrición previa)
17:00 h. Danza do Entroido da Ulla (A Regionalista)
17:30 h. Atranque dos Xenerais da Ulla.
18:30 h. Actuación da Asc. Cultural e Deportiva Raiolo de San Xián de Sales
20:00 h. Clausura e peche das mostras.