Evento: Frey Otto. Aprendendo da natureza
Frey Otto. Aprendendo da natureza
O arquitecto Fermín Blanco, a través do equipo didáctico de Sistema Lupo, propón unha serie de talleres de arquitectura dirixidos ao público infantil. O obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as claves necesarias para interpretar a arquitectura contemporánea mediante o legado das figuras máis relevantes do noso tempo neste eido.
O arquitecto David Acuña e a artista Rebeca Mariño introducirános participantes no apaixonante mundo da arquitectura contemporánea. Cada taller estará dedicado a un autorrepresentativo das diferentes xeracións de arquitectos desde as vangardas até a actualidade e desenvolverase atendendo áfilosofía de cada creador.
O xogo será fundamental durante todas as sesións. Utilizarase a didáctica do Sistema Lupo tanto no tocante ao material como aos contidos. Este sistema comprende unha serie de pezas modulares que permiten múltiples posibilidades combinatorias, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción. É unha didáctica experimental que fomenta a reflexión e a creatividade individuais ademais do traballo en equipo a través de dinámicasde construción a grande escala.
A metodoloxía inclúe unha parte teórica, onde se fará un achegamento á figura e ao pensamento de cada arquitecto, e posteriormente proporase unha serie de retos construtivos. Este primeiro bloque de talleres, que terán lugar a última fin de semana de cada mes, estará dedicado á arquitectura manifesto de Le Corbusier, ao idealismo de Jorn Utzon, ao carácter experimental de Frey Otto e á acción sensible deKazuyo Sejima Saana.
Este primeiro bloque de talleres, que terán lugar a última fin desemana de cada mes, estará dedicado á arquitecturamanifesto
de Le Corbusier, ao idealismo de Jorn Utzon, ao carácter experimental de Frey Otto e á acción sensible deKazuyo Sejima Saana.
Frey Otto. Aprendendo da natureza
Sábado 30, para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 1, para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Horario: 11:30-13:30 h
Prazas: 10