Evento: Modernidade e contemporaneidade na arte dominicana

Modernidade e contemporaneidade na arte dominicana
xoves, 28 xaneiro, 2016 a domingo, 27 marzo, 2016
Fundación Eugenio Granell,
Santiago de Compostela

Modernidade e contemporaneidade na arte dominicana

Mostra con 37 obras dos artistas máis emblemáticos e influentes da plástica da República Dominicana, entre as que destaca unha peza de Granell

A mostra, comisariada por María del Carmen Ossaye, ten como obxectivo mostrar a modernidade e a contemporaneidade da arte dominicana xunto coa paulatina superación desta a través da calidade que a levou a posicionarse no espazo artístico global. Unha das pezas máis singulares do proxecto é a obra Figuras, un óleo e tinta sobre lenzo realizado en 1944 por Eugenio Granell.

 A exposición está composta, ademais, por unha selección de 37 obras dos artistas máis emblemáticos e influentes da plástica da República Dominicana, entre os que podemos atopar a  Josep Gausachs, José Vela Zanetti, George Hausdorf Celeste Woss y Gil, Jaime Colson, Paul Giudicelli, Darío Suro, Yoryi Morel, entre outros moitos. Trátase, sen dúbida, dunha boa oportunidade para coñecer o desenvolvemento artístico do país e de explorar os lazos históricos que nos unen con el.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia